DESCUENTOS


OS/AS SOCIOS/AS TEMOS DESCONTOS NOS SEGUINTES ESTABLECEMENTOS:

-MERCERÍA FÍOS en Combarro
-librería COMBARRO
-librería RED-Centro Comercial A Barca
-BICI O CON
-librería TIZAS
-TELEPIZZA PONTEVEDRA
-Mercería PETER PAN
-seguros AXA (ver blog)
-Clínica dental MARCANO
-DÉCIMAS
-POLICLÍNICA EBAM











jueves, 7 de junio de 2018

OBRADOIROS DE VERÁN NO MUSEO DE PONTEVEDRA.

----- Mensaxe de Ana Campos Comin <ana.campos.comin@concellopoio.net> reenviada -----   Data: Tue, 5 Jun 2018 12:49:23 +0200
    De: Ana Campos Comin <
ana.campos.comin@concellopoio.net> Asunto: ACTIVIDADES INTERESANTES DO MUSEO DE PONTEVEDRA

 Obradoiros de Verán 2018
Actualizado 01/06/2018 00:00
museo de pontevedra
Un ano máis, o Museo oferta os seus obradoiros de verán durante os meses de xullo e agosto, cun total de 90 prazas para nenos e nenas de entre 5 e 13 anos.
O obxectivo común destes obradoiros é estimular a comunicación, a creatividade, a sensibilidade e a expresión dos e das cativas, mediante actividades adaptadas aos diferentes rangos de idade.
En xullo levarase a cabo o obradoiro de cerámica Mar-e-arte. Navegando no barro; e no mes de agosto o de pintura que levan por título, Descubrindo a José Solla, xa que estarán vinculados á exposición temporal dedicada ao artista de Marín.
Prazo de inscrición: comeza o luns 4 de xuño e remata o venres 15 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral da Deputación.
Adxudicación das prazas: Darase un obradoiro por neno ou nena. No caso de que houbese máis demanda que prazas, estas adxudicaranse por sorteo público o martes 19 de xuño ás 10 horas no edificio Fernández López do Museo.
Listas de admitidos: os pais/nais deberán estar pendentes da consulta das listas que se farán públicas a través da web do Museo a partir do mércores 20 de xuño. Tamén poderán consultalas no punto de información do Sexto Edificio




XULLO
MAR-E ARTE. Navegando no barro – Obradoiro de cerámica.
Número de participantes: 15 por quenda
Nenos/as de 5 a 7 anos
Do 2 ao 6 de xullo (10:30 a 12:30 h)
Nenos/as de 8 a 10 anos
Do 9 ao 13 de xullo (10:30 a 13:00 h)
Nenos/as de 11 a 13 anos
Do 16 ao 20 de xullo (10:30 a 12:30 h)
AGOSTO
DESCUBRINDO A JOSÉ SOLLA – Obradoiro de pintura
A rapazada aproximarase á pintura desde unha visión psicolóxica, histórica e urbana para entender a obra do pintor José Solla. Desde o debuxo e a composición os nenos e nenas comprenderán o proceso creativo do artista ata realizar a súa obra final, proceso que eles mesmos terán que experimentar realizando a súa propia obra a partir da técnica da pintura acrílica.
Número de participantes: 15 por quenda
Nenos/as de 5 a 7 anos
Do 30 de xullo ao 3 de agosto (10:30 a 12:30 h)
Nenos/as de 8 a 10 anos
Do 6 ao 10 de agosto (10:30 a 12:30 h)
Nenos/as de 11 a 13 anos
Do 20 ao 24 de agosto (10:30 a 12:30)
DESCARGAR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN ( información na páxina da depo.es)