DESCUENTOS


OS/AS SOCIOS/AS TEMOS DESCONTOS NOS SEGUINTES ESTABLECEMENTOS:

-MERCERÍA FÍOS en Combarro
-librería COMBARRO
-librería RED-Centro Comercial A Barca
-BICI O CON
-librería TIZAS
-TELEPIZZA PONTEVEDRA
-Mercería PETER PAN
-seguros AXA (ver blog)
-Clínica dental MARCANO
-DÉCIMAS
-POLICLÍNICA EBAM











viernes, 4 de octubre de 2013

CONSULTA CIDADÁ POLA EDUCACIÓN

Consulta Cidadá pola Educación, promovida pola Plataforma en Defensa do Ensino Público (da que forma parte CONFAPA-GALICIA, a nosa Confederación de ANPAS de Galicia), no marco da que se está desenvolvendo en todo o Estado. Esta realizando do 23 de setembro ó 13 de outubro unha consulta sobre os recortes en educación así como da política educativa do Goberno Central a onde irán dirixidos os datos de dita consulta.
Los CEIP Poio tendrán as mesas colocadas na semana do 7 ó 11 de octubre  de 8:50h a las 9:10h, nas portas de cada colexio, o venres 11 pecharanse tódalas urnas no colexio da Seca, onde poderanse realizar as ultimas consultas de 17.00 a 20.00 horas.
A CONSULTA REALIZARASE CUBRINDO UNHA  FOLLA   COMA A QUE APARECE MÁIS ABAIXO  E CUBRINDO  NO MOMENTO O NOME,APELIDOS, D.N.I. E SINATURA NUN LISTADO FACILITADO NA MESA  DE CONSULTA, TAMÉN SE ENTREGARÁN AS FOLLAS DE PARTICIPACIÓN.
PRIMER PASO: CUBRIR OS DATOS.
CONSULTA CIDADÁ POLA EDUCACIÓN
Os abaixo asinantes declaran ter participado na consulta cidadá expresando o seu parecer diante das dúas preguntas formuladas e dan o seu consentimento expreso para que os seus datos sexan achegados ao Presidente do Goberno como respaldo a dita consulta.
NOME
APELIDOS
NÚMERO DE IDENTIFICACIÓN
SINATURA










SEGUNDO PASO: MARCAR A OPCIÓN  E INTRODUCILO NA URNA.
CONSULTA CIDADÁ POLA EDUCACIÓN
, ¿REXEITA OS RECORTES EN EDUCACIÓN?:

SI

NON



¿REXEITA AS POLÍTICAS EDUCATIVAS DO GOBERNO CENTRAL?:

SI

NON


GRAZAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN

Para aquelas persoas que non poideran participar votando nalgunha das mesas habilitadas nos Centros, ou nos lugares centráis das cidades, poden facelo no sitio web da consulta: http://www.consultaciudadanaporlaeducacion.org/participa.html

miércoles, 18 de septiembre de 2013

CURSO 2013-14

XA  PODEDES REALIZAR O PAGO POLA CUOTA DE SOCIOS/AS, LEMBRADE QUE SON 20 EUROS POR FAMILIA, INDEPENDIENTEMENTE DO NÚMERO DE NENOS/AS E QUE O NÚMERO DE CONTA É O MESMO QUE EN ANOS ANTERIORES O PODEDES FACELO DIRECTAMENTE NA SUCURSAL DE CAMPELO.

LEMBRAR TAMÉN QUE PÓDESE REALIZAR NA MESMA CONTA O PAGO DO SEGURO, SOCIOS/AS 6 EUROS E NON SOCIOS/AS 10 EUROS.

AS ACTIVIDADES OFERTADAS PARA ESTE ANO ESTÁN EXPOSTAS NO TABOLEIRO DA A.N.P.A, EN RELACIÓN A ACTIVIDADE DE PISCINA COMO TEMOS UN NÚMERO REDUCIDO DE PRAZAS TERÁN PRIORIDADE OS SOCIOS/AS.

AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON:
TODAS EXCEPTO PISCINA SE IMPARTIRÁN DE 16.00 A 17.00 HORAS NO COLE.PÓDENSE RECOLLER AS INSCRIPCIÓNS NA SECRETARÍA.


LUNS: PISCINA(INSCRIPCIÓN NAS INSTALACIÓNS DE PONTEMUIÑOS) E TAEKWONDO.

MARTES: MANUALIDADES.

MÉRCORES: TEATRO.

XOVES: INFORMÁTICA E BAILE MODERNO.

VENRES: INGLÉS.

domingo, 12 de mayo de 2013

INFORMACIÓN SOBRE A XESTIÓN DOS COMEDORES POR PARTE DA CONSELLERÍA

Resumo reunión do 26 de abril de 2013 e consultas realizadas
1
Á vista das consultas realizadas e as variadas interpretacións ás que chegaron os
distintos representantes das ANPAs na reunión do día 26 de abril de 2013, a consellería
cree oportuno precisar a información que no citado evento quixo transmitir:
Voluntariedade do proceso de asunción de comedores xestionados por ANPAS.
Actualmente á consellería cónstalle que unhas 180 ANPAs xestionan o servizo de
comedor para arredor de 11.600 usuarios e está disposta a que para o curso escolar
2015-2016 destes algo máis de once mil usuarios, seis mil pasen a ser usuarios de
comedores escolares xestionados pola Xunta de Galicia, a cal xestionaría o servizo
contratando con empresas do sector hostaleiro.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non imporá en ningún
momento ás ANPAs convidadas ningún tipo de xestión. As asociacións decidirán
VOLUNTARIAMENTE acollerse ou non á oferta da administración.
Aquelas asociacións que decidan acollerse a esta oferta non poderán posteriormente
reclamar un novo cambio na titularidade da xestión, isto é, unha vez a consellería
asuma o comedor escolar este seguirá sendo de titularidade da administración.
Para aquelas asociacións convidadas que decidan non aceptar a oferta seguirá
habendo unha convocatoria de axudas (a do curso 2012/2013 será publicada nas
próximas semanas).
Criterios de selección das ANPAS convocadas. Convidouse ás ANPAs que solicitaron
as últimas axudas convocadas e que declararon ter menos de 90 usuarios fóra das dúas
grandes cidades de Galicia, e nas que a xestión non se realizou a través dunha
Federación ou Confederación nin tampouco se convocou a aqueles comedores
xestionados polos Concellos. O fin último é reducir o custo que supón para as
pequenas asociacións as cargas de asumir os comedores escolares.
Fixación e bonificacións dos prezos. A nova xestión dos comedores escolares
xestionados por esta consellería implicará que as familias fagan unha
AUTODECLARACIÓN entregada ao remate do curso escolar inmediatamente anterior a
aquel para o que se solicita comedor sobre a renda neta anual per cápita da unidade
familiar. Esta situación económica será o resultado de realizar os seguintes cálculos en
base á declaración da renda do exercicio anterior a aquel no que se solicita a praza de
comedor (este ano será a declaración da renda do exercicio 2012):
1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, excluíndose
os saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais correspondentes
aos exercicios anteriores.
2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.
Resumo reunión do 26 de abril de 2013 e consultas realizadas
2
Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da
facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:
casiña 450 + casiña 452 – casiña 454 + casiña 457 + casiña 460 – casiña 461– casiña 741
Tamén podería calcularse mediante a seguinte operación:
casiña 455 + casiña 451 + casiña 453 + casiña 465 + casiña 458 – casiña 741
O resultado obtido por calquera das dúas operacións dividirase polo número de
membros que forman parte da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o
definido na normativa do IRPF, se ben equiparase á condición dos cónxuxes calquera
outra situación análoga de convivencia, que deberá ser acreditada mediante a
correspondente certificación do concello.
Se solicitado o borrador á AEAT esta unicamente comunica os datos fiscais, e polo
tanto non o remite, para determinar a renda dos membros computables que obteñan
ingresos propios seguirase o procedemento descrito no punto primeiro e do resultado
obtido restaranse os pagamentos á conta efectuados.
Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar
Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as
persoas que integran a unidade familiar
. Nesta operación poden presentarse varias
situacións:
- Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante
dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do
IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das
casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas
individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.
- Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un
deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do
importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas,
para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe
que resulte, para o outro integrante da unidade familiar, dos datos do borrador
do IRPF.
- Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan obriga de presentar
declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban
renda ningunha suxeita a tributación no IRPF. Neste supostos, os interesados
deberán consignar os datos do borrador do IRPF.
Resumo reunión do 26 de abril de 2013 e consultas realizadas
3
Segundo o resultado poderase estar nalgunha das seguintes situacións:
Abono de 1 € por día de servizo
Unidades familiares cun único menor
en idade escolar
Renda anual neta per cápita de
7.000,01 a 8.000,00 €
Unidades familiares con dous
menores en idade escolar
Renda anual neta per cápita de
7.000,01 a 8.000,00 €
Unidades familiares con tres ou máis
menores en idade escolar
Renda anual neta per cápita igual ou
superior a 7.000,01 €
Abono de 2,5 € por día de servizo:
Unidades familiares cun único menor
en idade escolar
Renda anual neta per cápita de
8.000,01 a 9.000,00 €
Unidades familiares con dous
menores en idade escolar
Renda anual neta per cápita de
8.000,01 a 9.000,00 €
Abono de 4,5 € por día de servizo:
Unidades familiares cun único menor
en idade escolar
Renda anual neta per cápita igual ou
superior a 9.000,01 €
Unidades familiares con dous
menores en idade escolar
Renda anual neta per cápita igual ou
superior a 9.000,01 €
Ao final os usuarios poderán estar nalgunha das seguintes situacións:
a)
Gratuidade total.
b) Pagamento diario por menú de
1€
c) Pagamento diario por menú de
2,5€
d) Pagamento diario por menú de
4,5€
O aboamento diario é por menú realmente servido, pero as familias deberán avisar á
dirección do centro coa antelación suficiente para que esta avise a empresa
adxudicataria antes das 10:00 horas dos menús que realmente deben servir ese
mesmo día. De non avisar coa suficiente antelación as familias deberán aboar o
importe dese menú. As familias recibirán mensualmente unha comunicación na que se
detallarán os menús servidos no mes anterior e os importes a aboar directamente á
empresa.
As ratios de atención e coidado dos escolares usuarios do comedor, así como as
características de ditas tarefas precísanse na normativa actualmente en vigor do
seguinte modo:
Un coidador cada
15 alumnos en infantil, 30 alumnos en primaria e 35 alumnos en
secundaria.
Resumo reunión do 26 de abril de 2013 e consultas realizadas
4
Atención ao alumnado
MIN MAX Persoal
1 35 1
36 70 2
71 100 3
E
S
O
101 4
1 30 1
31 60 2
61 90 3
91 120 4
PRIMARIA
121 5
1 15 1
16 30 2
31 50 3
51 70 4
INFANTIL
71 5
Non están previstos cambios de calado nestas ratios a determinar na orde de
desenvolvemento do decreto actualmente en tramitación.
O persoal de atención con carácter xeral será contratado pola empresa que resulte
adxudicataria do comedor escolar. Neste tipo de xestión non existe a colaboración
voluntaria das nais e pais do alumnado.
O persoal de atención ao alumnado será o encargado de vixiar aos nenos durante o
traxecto das aulas ao recinto do comedor e dende este outra vez ás aulas para o
desenvolvemento das clases vespertinas. Nos supostos de xornadas continuas, se
existe transporte despois do comedor, este persoal de atención será o encargado de
levar os nenos ata o citado transporte.
Contratación e responsabilidade do servizo. A Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria asumirá a titularidade do comedor escolar, reiterando que
sempre que a ANPA así o desexe.
A consellería contratará a xestión do comedor escolar mediante os tipos contractuais
que permite a normativa de contratación. Neste sentido, a persoa que exerza a
dirección do centro educativo é o responsable do comedor como representante da
consellería, e percibirá unha gratificación diaria pola súa presenza efectiva durante a
prestación do servizo.
Polo tanto as empresas que actualmente lle presten o servizo ás ANPAs non teñen
garantido o servizo. Se algunha asociación asinou un contrato que ten efectos máis aló
do curso escolar actual (2012-2013) deberá rescindilo antes de que a Xunta de Galicia
poida asumir o comedor. O persoal destas empresas que presta o servizo nestes
Resumo reunión do 26 de abril de 2013 e consultas realizadas
5
comedores non pasará a ser persoal da Xunta de Galicia, pero poderá ser subrogado
polas empresas que resulten adxudicatarias dos procedementos de contratación que
licite a administración, nos termos en que os convenios colectivos que lles sexan
aplicables así o determinen.
As asociacións deixarán de ter responsabilidade sobre calquera incidencia que
aconteza no comedor escolar. As empresas deberán subscribir seguros de
responsabilidade civil, e, en último caso, a consellería poderá responsabilizarse das
incidencias que puideran xurdir.
A selección e admisión dos usuarios do comedor escolar correspóndelle ao
consello escolar de acordo coa normativa vixente en cada momento.
De forma transitoria, naqueles comedores que a consellería vaia asumir terá garantido
o acceso o alumnado que fora usuario do comedor da ANPA no curso 2012-2013. A
partir do curso escolar 2014-2015 aplicaranse as regras xerais de acceso a todos os
comedores escolares xestionados pola consellería, previstos na normativa vixente. De
todas formas, en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas da
implementación dos principios contidos no decreto actualmente en tramitación, cada
curso escolar tentarase asumir a demanda insatisfeita que se poida xerar.
Transporte escolar. En principio. as actuais liñas vanse manter. Porén, estudarase
caso a caso, de xeito que, na xeneralidade dos casos, non haberá variación nos
horarios, se ben excepcionalmente poderá abordarse en función da existencia dunha
maioría cualificada de usuarios do comedor escolar ou viceversa.
Condicións de contratación. No curso 2013-2014 a consellería asumirá e licitará un
número de prazas igual ao número de usuarios que o comedor escolar da ANPA teña
no curso 2012/2013.
A consellería contratará un número máximo de prazas. Os usuarios poderán facer uso
do comedor todos os días da semana lectiva, ou un ou varios días desta semana (por
exemplo todos os martes, ou de luns a xoves...). Os usuarios esporádicos, isto é,
aqueles alumnos que por regra xeral non quedan no comedor se non que só fan uso
días soltos sen unha pauta temporal determinada, só poderán facer uso se o día en
concreto existen prazas vacantes dentro das contratadas coa empresa.
Se para o curso escolar 2013/2014 está previsto ampliar algunha zona de
escolarización estudarase para este caso concreto asumir un número de prazas distinto
do número de usuarios
Alumnado fóra de área de influencia.
O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda
segundo a distribución das áreas de influencia delimitadas polas xefaturas
territoriais, non terá dereito a ningún dos servizos complementarios establecidos pola
Resumo reunión do 26 de abril de 2013 e consultas realizadas
6
consellería. Excepcionalmente, terán dereito aos servizos complementarios as irmás e
os irmáns do alumnado xa escolarizado no centro con carácter forzoso.
Sempre que existan prazas vacantes dentro do máximo das autorizadas, e as
condicións existentes de instalacións, o persoal de cociña e colaboradores así o
permita sen custe engadido, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería poderá conceder
unha autorización excepcional para cada curso escolar que posibilite o acceso ao
servizo deste alumnado, que quedará suxeito á obriga de aboar o prezo total do
servizo, de xeito que a falta do seu pagamento implicará a exclusión do uso do servizo.
O alumnado escolarizado nun centro distinto do que lle correspondería por área de
influencia, como consecuencia dunha decisión de índole familiar ou individual, carece
do dereito á utilización gratuíta ou semigratuíta do servizo de comedor escolar,
calquera que sexa o número de membros ou a situación económica da unidade
familiar na que se integra. Tampouco se terá en conta ningunha outra circunstancia
que se pretendese alegar para xustificar o acceso ao servizo e á súa gratuidade. Por
tanto, este alumnado non poderá invocar a aplicación de ningunha das previsións
contidas no decreto nin na orde reguladores dos comedores escolares.
As citadas autorizacións concederanse en precario e serán revogables se cambian as
circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun
dereito preferente.
Prazo para comunicar á consellería a decisión de asunción do comedor. O día
límite será o 15 de maio de 2013. Poderán adiantar a decisión a través do seguinte
enderezo electrónico:
comedores.santiago@edu.xunta.es
Para o caso de que a ANPA decida que a Xunta de Galicia asuma a titularidade do
comedor escolar, posteriormente será necesario que remita un documento asinado
polas persoas que exerzan a secretaría e a presidencia da asociación comunicando o
resultado da asemblea. Este documento deberá remitilo a:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Secretaría Xeral Técnica
Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios
Edificio Administrativo de San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela
A decisión comunicada será irreversible, de xeito que unha vez asumido un comedor
non poderá volver a ser xestionado pola ANPA.
Por último, e para os efectos de que dispoñan da máxima información, xúntaselle os
documentos que se proxectaron durante a reunión do día 26 de abril de 2013.
Moitas grazas.

miércoles, 6 de febrero de 2013

FESTA DE ENTROIDO

     O VENRES 8 DE FEBREIRO NO PABELLÓN DO COLE FESTEXAREMOS O ENTRIODO CUNHA MERENDOLA E BAILE E OBRADOIROS PARA OS PEQUENOS, DE 16.00 HORAS A 19.00H., CONTANMOS CON TODOS/AS, SOCIOS ENTRADA GRATUITA, NON SOCIOS 3 EUROS.

viernes, 11 de enero de 2013

NUEVAS COLABORACIONES CON LOS SOCIOS/AS

LA SIGUIENTE EMPRESA ESTÁ DISPUESTA A REALIZAR DESCUENTOS A LOS SOCIOS/AS DEL A.N.P.A.
Centro de estética.
PONTEGUAPA
PONTEGUAPO

c/Michelena nª20, 1ºD
pontevedra
teléfono : 986896631
Móvil: 659916353

jueves, 10 de enero de 2013

PRÓXIMA ENTREGA DE CHEQUES

EL MARTES 15 DE ENERO DE 16.00 H. A 17.00 HORAS SE HARÁ ENTREGA DE LOS CHEQUES DE LA AYUDA DEL COMEDOR CONCEDIDA POR LA XUNTA EN RELACIÓN AL CURSO 2011-12.

martes, 8 de enero de 2013

CHEQUES COMEDOR 2011-12

MAÑANA MIÉRCOLES DÍA 9 Y EL JUEVES DÍA 10 DE 15.00 A 16.00 HORAS SE PODRÁN RECOGER EN SECRETARÍA LOS CHEQUES CORRESPONDIENTES AL CURSO ESCOLAR 2011-12.