O xoves 8 de novembro ás 18.00 h. cónvocase a tódolos/as pais e nais de alumnos/as do cole de Lourido a unha reunión, cos seguintes puntos do día:
1. Información relativa a subvención do comedor curso 2011-12.
2.Lotería do nadal.
3.Eleccións ó Consello Escolar.
4.Rogos e preguntas.
Pola importancia dos temas a tratar rógase asistencia.
Un saúdo da Xunta Directiva da A.N.P.A.
Somos unha asociación de pais e nais de alumnos/as de educación infantil e primaria.A nosa razón de ser é conseguir unha escola de calidade,tentando ampliar os medios e recursos dos que gozan os/as nosos/as fillos/as. anpa.agamela@nontedurmas.org
DESCUENTOS
OS/AS SOCIOS/AS TEMOS DESCONTOS NOS SEGUINTES ESTABLECEMENTOS:
-MERCERÍA FÍOS en Combarro
-librería COMBARRO
-librería RED-Centro Comercial A Barca
-BICI O CON
-librería TIZAS
-TELEPIZZA PONTEVEDRA
-Mercería PETER PAN
-seguros AXA (ver blog)
-Clínica dental MARCANO
-DÉCIMAS
-POLICLÍNICA EBAM
lunes, 29 de octubre de 2012
miércoles, 24 de octubre de 2012
LEI WERT A DEBATE
Este sábado temos unha xornada, organizada por CONFAPA GALICIA, abaixo poño a ligazón onde podedes atopar toda a información.
http://www.nontedurmas.org/ federacion/article/xornada- debate-lei-wert-o-vindeiro
http://www.nontedurmas.org/
miércoles, 17 de octubre de 2012
CHARLA SOBRE SEXISMO E VIOLENCIA DE XÉNERO
Dende o Centro de Información á Muller do Concello de Poio, comunicarvos que fixamos a data para a charla que ofreceremos conxuntamente a tódolos pais e nais das Anpas dos cinco colexios de Poio o día 9 DE NOVEMBRO, ás 20.00 horas NO SALÓN DE ACTOS DA CASA ROSA.
jueves, 11 de octubre de 2012
CONVOCATORIA DE FOLGA DE PAIS E NAIS
O xoves 19 de outubro está convocada unha folga de pais e nais por CONFAPA, as razóns:
--http://www.nontedurmas.org/familias/article/folga-de-nais-e-pais
Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno
se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos
diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
--Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo
xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
--
Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa
privada
, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa
legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer
cumprir o marco legal vixente.
--Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as
taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- ,
incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do
ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións
.
--Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que
ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven
a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en
ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da
empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
O NOVO CURSO COMEZA....
En colaboración coa FANPA, tódalas ANPAS de Poio estamos invitados/as a unha charla sobre HIXIENE BUCODENTAL,se fará na aula do OBRADOIRO DO CONCELLO DE POIO,na SECA o día 26 de Outubro as 20/00H.
Un saúdo a Xunta Directiva.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)