DESCUENTOS


OS/AS SOCIOS/AS TEMOS DESCONTOS NOS SEGUINTES ESTABLECEMENTOS:

-MERCERÍA FÍOS en Combarro
-librería COMBARRO
-librería RED-Centro Comercial A Barca
-BICI O CON
-librería TIZAS
-TELEPIZZA PONTEVEDRA
-Mercería PETER PAN
-seguros AXA (ver blog)
-Clínica dental MARCANO
-DÉCIMAS
-POLICLÍNICA EBAM











jueves, 7 de junio de 2018

OBRADOIROS DE VERÁN NO MUSEO DE PONTEVEDRA.

----- Mensaxe de Ana Campos Comin <ana.campos.comin@concellopoio.net> reenviada -----   Data: Tue, 5 Jun 2018 12:49:23 +0200
    De: Ana Campos Comin <
ana.campos.comin@concellopoio.net> Asunto: ACTIVIDADES INTERESANTES DO MUSEO DE PONTEVEDRA

 Obradoiros de Verán 2018
Actualizado 01/06/2018 00:00
museo de pontevedra
Un ano máis, o Museo oferta os seus obradoiros de verán durante os meses de xullo e agosto, cun total de 90 prazas para nenos e nenas de entre 5 e 13 anos.
O obxectivo común destes obradoiros é estimular a comunicación, a creatividade, a sensibilidade e a expresión dos e das cativas, mediante actividades adaptadas aos diferentes rangos de idade.
En xullo levarase a cabo o obradoiro de cerámica Mar-e-arte. Navegando no barro; e no mes de agosto o de pintura que levan por título, Descubrindo a José Solla, xa que estarán vinculados á exposición temporal dedicada ao artista de Marín.
Prazo de inscrición: comeza o luns 4 de xuño e remata o venres 15 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral da Deputación.
Adxudicación das prazas: Darase un obradoiro por neno ou nena. No caso de que houbese máis demanda que prazas, estas adxudicaranse por sorteo público o martes 19 de xuño ás 10 horas no edificio Fernández López do Museo.
Listas de admitidos: os pais/nais deberán estar pendentes da consulta das listas que se farán públicas a través da web do Museo a partir do mércores 20 de xuño. Tamén poderán consultalas no punto de información do Sexto Edificio




XULLO
MAR-E ARTE. Navegando no barro – Obradoiro de cerámica.
Número de participantes: 15 por quenda
Nenos/as de 5 a 7 anos
Do 2 ao 6 de xullo (10:30 a 12:30 h)
Nenos/as de 8 a 10 anos
Do 9 ao 13 de xullo (10:30 a 13:00 h)
Nenos/as de 11 a 13 anos
Do 16 ao 20 de xullo (10:30 a 12:30 h)
AGOSTO
DESCUBRINDO A JOSÉ SOLLA – Obradoiro de pintura
A rapazada aproximarase á pintura desde unha visión psicolóxica, histórica e urbana para entender a obra do pintor José Solla. Desde o debuxo e a composición os nenos e nenas comprenderán o proceso creativo do artista ata realizar a súa obra final, proceso que eles mesmos terán que experimentar realizando a súa propia obra a partir da técnica da pintura acrílica.
Número de participantes: 15 por quenda
Nenos/as de 5 a 7 anos
Do 30 de xullo ao 3 de agosto (10:30 a 12:30 h)
Nenos/as de 8 a 10 anos
Do 6 ao 10 de agosto (10:30 a 12:30 h)
Nenos/as de 11 a 13 anos
Do 20 ao 24 de agosto (10:30 a 12:30)
DESCARGAR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN ( información na páxina da depo.es)

jueves, 15 de marzo de 2018

RIAS DO SUR Informa...


Buenos días,

Del 21 al 28 de marzo, el C.D. Rías do Sur va a acoger dos competiciones de altura. La Europa Cup Final de waterpolo femenino y el Campeonato de España infantil de natación. La entrada será gratuita para presenciar el mejor waterpolo femenino de Europa y a las mejores promesas de la natación española. Toda la información de horarios la encontrará en
www.waterpolopontevedra.com y en www.cngalaico.com

Con motivo de estas competiciones, del 21 al 28 de marzo, la piscina se reservará únicamente para estos torneos por lo que los cursos de natación escolar serán cancelados.

El servicio se retomará con normalidad a partir del 2 de abril

Un saludo y gracias por su comprensión.

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS " PRINCIPE FELIPE" 2018 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

 
  Boletín Municipal 13 Marzo 2018   
 

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS  " PRINCIPE FELIPE" 2018

Obxectivo promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e nenos da provincia; programa de campamentos polideportivos desenvolvidos en Príncipe Felipe. Este programa ofrece a posibilidade de que 300 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán, participando en actividades de carácter lúdico e deportivo que contribúan ao seu enriquecemento persoal. [Máis información]

Están destinados a nenas e nenos nacidos entre o ano 2004 e o 2011, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

QUENDAS
  • Primeira quenda: do 9 ao 14 de xullo
  • Segunda quenda: do 16 ao 21 de xullo
  • Terceira quenda: do 23 ao 28 de xullo
  • Cuarta quenda: do 6 ao 11 de agosto
  • Quinta quenda: do 13 ao 18 de agosto
  • Sexta quenda: do 20 ao 25 de agosto
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 23 de marzo de 2018.
 
DEPOAVENTURA. CAMPAMENTOS NA LANZADA 2018

Este programa lúdico e educativo inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, a lingua inglesa, a arte, a cultura, o deporte e os xogos, co fin de colaborar na formación da nosa mocidade.

Requisitos
Ter nacido entre 2005 e 2010 (ambos incluídos).
Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra.

Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 8 de setembro de 2018. Realizaranse 11 quendas, de 7 días de duración cada unha. [Máis información]

O prazo de solicitude será do 08 ao 27 de marzo de 2018, ambas as datas incluídasO prezo da praza do campamento estímase en 200 euros por persoa.

lunes, 12 de febrero de 2018

Desde el Anpa A Gamela Lourido compartimos circular y tarifas para el reportaje fotográfico que se realizará en el propio centro el próximo 26 de febrero.


martes, 23 de enero de 2018

Desde la Dirección del ANPA A GAMELA LOURIDO se comunica que las ayudas de la Xunta para el comedor se pagarán el viernes día 02 de febrero de 16:00 a 17:30 horas y el martes 06 de febrero de 16:00 a 17:00 horas.

Saludos.

miércoles, 3 de enero de 2018

La directiva del ANPA A GAMELA LOURIDO confirma que las participaciones de lotería de Nadal-2017 se pueden cobrar a partir de hoy en todas las oficinas de ABANCA.
Saludos a todos.